Archivo | mayo 2012

Pequeno relato…

Son a única que queda neste fermoso planeta chamado Terra. Sintome tan soia e triste que non podo facer outra cousa mais que chorar e chorar. Choro de noite e de día porque a miña vida sin elas non ten ningún sentido.

¿Que podo facer aquí? Soia non sirvo para nada. Sen axuda delas todo vai morrer, todo vai perecer, todo vai quedar deserto e estéril.

¿Pero, por qué? ¿Por qué me tivo que pasar? ¿Quen me fixo isto? ¡¡¡Quen me arrancou a alma e osou deixarme viva!!!. Estou languidecendo paseniño, estou a quedar núa e feita un pau seco.¡¡Meu Deus!! ¿Qué será de min? Sen dúbida irei a parar a onde foron todas.

_¿Por qué choras? ¿por qué che esvaran as bágoas dese xeito?  preguntoume o neno.

_Porque estou soia e ninguén me quere. Xa non sirvo para nada.

_Pero iso non é verdade, ¡eu quérote, quérote moito!.

O neno rodeoume cos seus brazos e doume unha aperta moi forte. Neses intres sentín que si había alguén que me quería porque notei o seu calor e o seu amor.

_¡¡Eu tamén te quero!! dixome o vento. E o vento moveume toda ca aperta que me dou. Foi un suave e delicado vaivén que me fixo bailar unha cálida melodía. Tamén sentín o seu amor.

Despois falei ca lua e pregunteille:

_ ¿lua ti tamén me queres?

_Si, díxome ela,¡¡moito!! Entón a lua ca sua luz branca doume un apreixo e sentín o inmenso amor que me trasmitía con toda aquela luz.

Logo falei cas estrelas e dixenlles:

_¿Dádesme vos tamén un pouco do voso amor? Y asi foi ,as estrelas agasalláronme todas elas con¡¡ tanto!! que non podo explicar con simples verbas todo o que sentín, seguramente porque as palabras son simples de mais para poder explicar tanta grandeza.

Logo falei ca choiva :

_ ¿Ti tamén me queres? y ela contestoume:_ Si, claro que te quero, e para que o sintas voute refrescar coa miña auga xa verás como renaces.

A vívida choiva chorou enriba de min e en cada pinga había un pequeno anaco de amor. A pesar daquela pequenez aconteceu un milagre porque eu sentinme como si fora o ser mais querido de todo o universo.

Despois viñeron ata min os paxaros e preguntáronme:

_ ¿Eres ti a que necesitas amor?

_Si ¿vos tamén tendes un pouco para min?

_Pois claro, ¡faltaría mais!

_ Había un cento deles e escomenzaron a pousarse con suavidade e delicadeza sobre o meu corpo o mesmo tempo que trilaban fermosos cantos. Sentín unha unión tan forte con eles como si eu fora tamén un paxaro, si, coido que por un intre fun un deles. E así convertida nun pequeno ser alado por uns segundos decateime ata onde pode chegar o amor.

Deille as grazas os paxaros e seguín a miña odisea amorosa mentres me preguntaba se coa maxia do amor mudaría, se provocaría en min algún cambio marabilloso, se voltaría de novo a ser a mesma que sempre fun….

_¡Hola fermosos campos de trigo!

_¡¡Hola!! dixéronme todos o unísono como si entonaran un blues.

_¿Eres ti a que buscas amor?

_ Si, son eu, ¿E vos como sabedes iso?

_ Todos ó sabemos, os rumores chegan lonxe.

_ Xa me percato, xa. ¡Vaites, vaites!

_ Daquela que me decides, ¿tendes un pouco para mín?

_ Un pouco non, temolo todo.

_ Aqueles xeitosos e dourados campos comenzaron a danzar dunha forma estraña movidos polo aloumiño do vento.

Tres segundos despois á miña boca chegoulle un gusto doce, si moi doce, como si fora mel e deseguido sentín que me mergullaba nun soño. Soñei que me acariñában as espigas dun xeito tal que todo o meu corpo notaba unha calidez inusitada e a miña alma unha paz que nunca xamais sentira.

¡Deus! que grandioso é ó amor, sen embargo que difícil explicalo.

Continuei o meu particular percorrido e falei cos océanos, cos mares, lagos, ríos, e con todos os regatos nomeados nos versos rosalianos.

Sei moi ben que os lectores están imaxinando que todos me deron ó seu amor.

Pois si, así foi. Todas as augas deste planeta decidiron darme moito, moitísimo. Pero…¿ a que non imaxinades de que forma mo deron?

Veredes: O vento e as augas fusionáronse nunha perfecta armonía bailando xuntos a danza cósmica da atemporalidade eterna. Subiron ata ás estrelas impulsados pola máxica danza e xuntáronse con todos os astros do universo, dalí voltaron en forma de remuíño xigantesco que foi baixando paseniño ata chegar a onda min.Logo arroloume con enerxía pero sen facerme dano, porque esta clase de remuiño non perxudica, tan soio regala amor do bo, do auténtico.

E así foi como despois de falar co neno, cos animais, cas verdes pradeiras, cas fermosas e enigmáticas flores, ca neve dos altos cumios, cos dourados campos de trigo, con tódolos astros do universo, cas augas, ca terra, e co aire, daquela souben que todos me querían. ¡¡¡Si!!! ¡¡¡si!!! ¡¡¡si!!! ¡Que gozo! ¡Que fortuna a miña! ¡ Canto amor me deron!.

Grazas, grazas, moitas grazas a todos.

E asi foi como rebrotei. Asi foi como as miñas raíces recuperaron a forza que perderan. Quedei núa por completo pero con todo o amor que me foron dando tódolos seres vivos de este xeneroso planeta, as ponlas tornaron flexíbeis, as follas sempre verdes volveron outra vez, e as fermosas flores con arrecendo de limón que sempre viñeron a min en primavera tamén voltaron.

E agora co voso permiso voume presentar: Nacín en China fai cinco millóns de anos, (casi nada) son unha voluptuosa árbore de trinta metros de altura con follas ovaladas dunha cor verde viva, teño unhas flores brancas e grandes que se agochan con timidez entre as follas, e din de min alguns botánicos que son un pouco romántica. O meu nome é Magnolia grandiflora.

Cando quedei tan soa neste planeta porque queimaron tódalas fragas pensei que ía morrer, pero agora, despois de que ó Amor me fixo renacer, xa aprendín por qué existe, por qué Deus o puxo ahí.

Espero e desexo de todo corazón que broten de novo miñas irmáns para que sintan o mesmo que eu sentín. Daquela percataránse que a vida sen o amor non pode existir. Son a mesma cousa.

Marisa Pego

Anuncios

Érase una vez

Este poema convertido en canción tiene un significado especial, resuena en mi mente con la voz de mi madre que me la cantaba cuando era una niña…

Érase una vez

Érase una vez
un lobito bueno
al que maltrataban
todos los corderos.

Y había también
un príncipe malo,
una bruja hermosa
y un pirata honrado.

Todas estas cosas
había una vez.
Cuando yo soñaba
un mundo al revés.

José Agustín Goytisolo (1928)

Arándano rojo

Es un arbusto nativo de Europa y América del Norte que crece en los bosques de montaña.

Sus efectos medicinales son muy notables ya que tiene propiedades antioxidantes y antisépticas.

Combate infecciones urinarias causadas por la bacteria Escherichia coli pues disminuye la adherencia de ésta en el interior de la vejiga.

Resulta efectivo  como prevención en las cistitis de repetición y en los casos en los que con antibióticos no obtenemos los resultados esperados.

Pueden tomarse 50ml de zumo puro diluidos en un vaso de agua una vez al día. El zumo no debe contener azúcar y es recomendable que sea ecológico.

En cualquier herbolario también se pueden encontrar comprimidos de arándano rojo, normalmente aparecen combinados con otras plantas de efecto antibacteriano, antiinflamatorio, antiséptico y diurético.

Otro remedio útil al que podemos recurrir en caso de infección, además del arándano rojo, son las infusiones.

Podemos prepararlas con abedul, gayuba, vara de oro, cola de caballo y estigmas de maiz.

Para fortalecer el sistema inmunitario y combatir mejor la infección se les pueden añadir unas gotas de extracto de própolis, echinácea o tomillo.

Árbol de lluvia